31/5/12

PROGRAMA XOGADE: ESPELEOLOXÍA

Igual que Indiana Jones na busca do Templo Maldito. Aquí tedes as fotos relativas á actividade de Espeleoloxía do pasado mércores. A pena foi que non deu tempo a que todos/as participarades.




Unha estalactita en sete días

27/5/12

TEMA 14 MATEMÁTICAS: CORPOS XEOMÉTRICOS.

Neste penúltimo tema traballeremos con pirámides, prismas, conos, cilindros, o volumen... Aquí tedes uns enlaces que seguro son de moita axuda.
Caras, vértices e aristas

Prismas

Os poliedros

Desenvolvemento corpos xeométricos

O volumen

Actividades volumen

26/5/12

ESPELEOLOXÍA

Continuando coa nosa participación no programa xogade, este mércores, os nenos/as de 3º ciclo coñeceran un pouco máis do deporte da Espeleoloxía, xa que recibirán unha clase teórico-práctica de dous Técnicos Deportivos da Escola Galega de Espeleoloxía. Aquí tedes unha pequena presentación para abrir boca.

24/5/12

PROGRAMA XOGADE: RUGBY

Os nenos/as de 3º ciclo participaron este mércores 24 de mayo nunha clase de E.F. moi especial impartida por dúas xogadoras do equipo de rugby CRAT Universidade da Coruña (subcampeonas de División de Honor 2011-2012), que grazas ao Programa Xogade visitarón o noso colexio.

19/5/12

COÑECE O RUGBY

Este mércores participaremos, se o tempo o permite,  na actividade coñece o Rugby, incluida dentro do programa xogade. Aquí tedes un vídeo para acercarnos un pouco máis este deporte. Tomade nota no voso diario dos aspectos relevantes do mesmo.


MATEMÁTICAS: TEMA 13

Con estas actividades comprenderemos mellor todo o relacionado coa circunferencia e o círculo.