28/2/12

MATEMÁTICAS 9

Nesta unidade de matemáticas abordaremos as medidas de magnitude: lonxitude, capacidade e masa. Aquí tedes enlaces para traballar todas elas.

ALVARELLA

A excursión de fin de curso a realizaremos ao Albergue Turístico Rural de Alvarella, en Vilarmaior. Nesta presentación encontraredes toda a información sobre a mesma.

17/2/12

ENTROIDO: S de Sada

Espectacular, incrible, marabillosa... esgótanse os adxetivos para definir a actuación dos nenos/as de 6º no festival do entroido. As discográficas pelexan por contar con vós. Gozade co vídeo S de Sada.

Os artistas nunca descansan, e na aula seguimos demostrando o noso talento.





Para festexar o éxito da actuación, na aula compartimos unha típica comida de entroido. Aquí tedes todas as fotografías do día.


WW S y C

Despois dun campionato moi igualado e divertido, xa temos campións da WW S y C, un por ciclo: John de 2º, Diego de 3º e Juan Pablo de 6º.


16/2/12

REDUCCIÓN Á UNIDADE

Un pouco de axuda nunca está mal. Aquí tedes máis enlaces para traballar o tema 8 de matemáticas. Estes, relacionados coa reducción á unidade.



13/2/12

CLASES DE VERBOS

Outro episodio da interminable historia dos verbos...  Este novo capítulo trata sobre os verbos regulares e irregulares. Aquí tedes uns enlaces para axudarvos a que a historia teña un final feliz.



As actividades de verbos son: 1, 2, 7, 8, 10 e 11




A PORCENTAXE

Tiros libres anotados nun partido, cantidade de verdura nunha dieta equilibrada, tenda na que hai maior desconto... En todas estas situacións, utilizamos as porcentaxes. Practicade un pouco é a porcentaxe de acerto nos exercicios será do 100%.







8/2/12

RECLAMACIÓNS DE 6º

Imaxinar que toda unha comunidade educativa  reclamara a ampliación dun colexio, imaxinar que ao lado do colexio houbese uns terreos baleiros, imaxinar que cun pouco de vontade o colexio poúdesese ampliar... Pero imaxinar que un Concello impedise realizar o proxecto. Estas serían as imaxinarias follas de reclamacións que os nenos e nenas de 6º dese colexio farían...


4/2/12

Coñecemento do Medio: circuítos eléctricos

Unha pila, un par de cables, un interruptor, unha bombilla,... e algo de imaxinación. Mirade que chulos quedaron os nosos circuítos.
Recordos e bicos de toda a clase para a nosa compañeira Desi.

3/2/12

ANIVERSARIO MIGUEL

Onte celebramos o aniversario de Miguel. Trouxo unhas galletas deliciosas que comimos encantados, mañan, mañan. Aquí tedes as fotos que fixemos.


1/2/12

V ou B

Para non ter dubidas á hora de escribir b ou v, aquí tedes moitos exercicios para practicar. Ademais, podedes comprobar o resultado das vosas respostas.