27/12/11

CÓMICS

Historias orixinais e divertidas dos nenos e nenas de 6º. Gozade coa súa lectura.

23/12/11

TODAS AS MASCOTAS DO RINCÓN DE LECTURA

Aquí están todos os debuxos para a mascota do Rincón de Lectura. Felicidades a todos/as polo traballo realizado.


13/12/11

11/12/11

A TILDE NAS PALABRAS MONOSÍLABAS

Hai algunhas palabras monosílabas que levan tilde para distinguilas de outras que se escriben igual pero que teñen signifidado distinto. Aquí tedes uns exercicios para practicar. Picade na foto e mans á obra.

8/12/11

PRESENTACIÓN DA CLASE DE 6º

Estes somos os nenos e nenas da clase de 6º. Mirade o vídeo e coñeceredes moitas máis cousas de todos nós.

2/12/11

MÚLTIPLOS Y DIVISORES

Aquí tedes unha páxina para facer exercicios sobre o que estamos traballando en matemáticas. Picar no enlace e despois desprazar a páxina para abaixo, encontraredes moitas actividades para dominar os multiplos e os divisores.

1/12/11

CANCIÓN DE NAVIDAD

Con este tema de Silvio Rodríguez titulado "Canción de Navidad", aprendemos que non todas as persoas viven o Nadal da mesma forma. Escoitade a canción e completade a vosa ficha.




30/11/11

ANIVERSARIO DE ANDREA

O luns foi o aniversario de Andrea e trouxo unha deliciosa tarta para celebralo con todos nós. Mirade que boa pìnta tiña e o noso sorriso de pensar no banquete que nos esperaba. Moitas felicidades Andrea.



27/11/11

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O venres 25 de novembro celebramos o Día contra a Violencia de Xénero. Os  nenos/as  de 6º, a partir da canción de Bebe "Malo" aprendimos moitas cousas, pero sobre todo unha: "Tolerancia cero contra a Violencia". Aquí tedes o vídeo da canción.


23/11/11

ÁFRICA, PEQUEÑO CHAKA

Os nenos/as de 6º lemos este extraordinario libro para achegarnos un pouco máis a África. Un neno africano pregúntalle ao seu avó sobre este continente. O avó, vai respondendo ás preguntas do seu neto con palabras tan fermosas como as ilustracións que acompañan esta narración (as fixemos nós). Recoñecedes as voces?