31/1/12

PARAUGAS POLA PAZ

O pasado luns 30 de xaneiro celebramos o día escolar pola Paz. Este ano fixemos uns paraugas ben fermosos. Aquí tedes todas as propostas dos nenos/as de 6º. Tamén tedes un enlace para ver os paraugas que fixeron os demais cursos do colexio.

30/1/12

LENGUA CASTELLANA: OS VERBOS

Aquí podedes comprobar todo o voso saber no relativo aos verbos. Exercicios sobre as formas verbais de mirar, comer e partir.



TEMA 7: AS FRACCIÓNS

Neste tema seguimos a traballar con fraccións. Aquí tedes dous enlaces para perfeccionar o voso dominio de todos os contidos. Seguro que os  veñen moi ben.



 


27/1/12

FOTOS DA VISITA DE BORJA E SONGO´O

Aquí temos unha presentación coas fotos da visita ao noso colexio dos fútbolistas do Depor. Oe, oe, oe, oe, oe...

25/1/12

O CEIP SADA Y SUS CONTORNOS NA T.V.

Onte, grazas a UNICEF e á AFE, estiveron con nós Borja e Songo´o, e tamén moitos medios de comunicación que se fixeron eco da visita que realizaron ao noso colexio. Que guapos/as que saídes! Felicidades a todos/as polo voso entusiasmo.
Páxina da AFE    La Opinión de la Coruña




21/1/12

O FÚTBOL QUE QUEREMOS

O próximo martes 24 de xaneiro, grazas á colaboración de UNICEF e a AFE, recibiremos a visita do xogador do Deportivo  Borja Fernández, e a do mítico porteiro do Super-Depor Songo´o. Aquí podedes ver todo o material que fixemos durante estas semanas  e que lles mostraremos. Este é o fútbol que queremos!



Borja Fernández      Jacques Songo´o

15/1/12

A DESCRICIÓN

Unha maneira de definir a descrición é "unha pintura feita con palabras". Con estas actividades os convertiredes en grandes pintores.

Describe esta imaxen na túa libreta, polo menos ten que ter sete liñas.

O VERBO: TEMPO E MODO

Aquí tedes moitas actividades relacionadas cos verbos, seguro que son de gran axuda. Tamén podedes comprobar o resultados cun simple clic.

12/1/12

A TILDE NAS PALABRAS COMPOSTAS

Algúns exercicios para reforzar o que estamos traballando en clase. Seguro que non tedes problemas para facelos todos moi ben. O encargado de corrixir é o mestre da foto, así que moita atención...

8/1/12

TEMA 6: AS FRACCIÓNS

Nesta volta ao colexio empezamos coas fraccións. Aquí tedes un enlace para perfeccionar as vosas habilidades con elas. Clic, clic, clic...