30/11/11

ANIVERSARIO DE ANDREA

O luns foi o aniversario de Andrea e trouxo unha deliciosa tarta para celebralo con todos nós. Mirade que boa pìnta tiña e o noso sorriso de pensar no banquete que nos esperaba. Moitas felicidades Andrea.



27/11/11

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O venres 25 de novembro celebramos o Día contra a Violencia de Xénero. Os  nenos/as  de 6º, a partir da canción de Bebe "Malo" aprendimos moitas cousas, pero sobre todo unha: "Tolerancia cero contra a Violencia". Aquí tedes o vídeo da canción.


23/11/11

ÁFRICA, PEQUEÑO CHAKA

Os nenos/as de 6º lemos este extraordinario libro para achegarnos un pouco máis a África. Un neno africano pregúntalle ao seu avó sobre este continente. O avó, vai respondendo ás preguntas do seu neto con palabras tan fermosas como as ilustracións que acompañan esta narración (as fixemos nós). Recoñecedes as voces?